CEA POPULAR E LECTURA DO FALLO DO III CERTAME DE POESÍA “MANUEL MARÍA”
- 9 DE MAIO DE 2015
- 20 horas: Conferencia sobre Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado nas Letras Galegas 2015 da man de Rocío Dourado. (Lectora de Galego da UPV)
- 21 horas: Cea popular «exaltación da filloa» onde se dará a coñecer os gañadores do certame de poesía «Manuel María».
O menú da cea será unha exaltación da filloa nas moitas das súas variedades:
- Filloas recheas de marmelada de pementos do piquillo con queixo fresco.
- Filloas recheas de puerro, calabacín e reducción de viño o porto.
- Filloas recheas de espárragos trigeros e tacos de xamón.
- Filloas recheas de arroz negro con chocos.
- Filloas recheas de carne picada con bechamel.
- Filloas recheas de chocolate, crema pastelera ou nata.
Lembrade que é obrigatorio apuntarse no tablón da casa galicia. O mércores 6 de maio retirarase o listado para se apuntar.Para asistir á cea é obrigatorio apuntarse no tablón da Casa de Galicia.
Precio aproximado 12 euros.