VIII CERTAME DE POESÍA EN LINGUA GALEGA MANUEL MARÍA
Un ano mais a nosa casa organiza o Certame de poesía en lingua galega «Manuel María» que xa vai pola oitava edición.
O prazo de presentación das obras é até o día 30 de abril de 2023 e o fallo farase público o día 3 de xuño de 2023, dentro dos actos que organiza a nosa casa adicados ao Día das Letras Galegas.
Animádevos a participar.