Viaxe á Ribeira Sacra
Do 8 ao 12 de abril, a Casa de Galicia organizou a viaxe tradicional a Galicia. Desta volta, se propuso facer un percorrido pola Galicia interior dende a Ribeira Sacra ata Lalín, contando con unha participación de 52 persoas.
De camiño, fíxose unha parada para facer unha visita guiada en Lugo. Xa na Ribeira Sacra se visitaron os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santo Estevo de Ribas de Sil, un cruceiro polo Sil para contemplar os canóns e bancais con unha pendente de máis do 30%, onde se realiza a «viticultura heróica» dende a época dons romanos. A viaxe continuou cara a Ourense, onde se percorreu o casco histórico e As Burgas, para despois visitar Allariz, Celanova e Ribadavia. Por último, o grupo se desplazóu ó mosteiro de Carboeiro e fixo unha visita guiada pola localidade de Lalín. Por suposto, non faltaron as paradas para degustar os productos e viños das zonas visitadas.
A cas de Galicia quere agradecer, un ano mais, ós socios involucrados na organización, asi como o interese mostrado por coñecer e disfrutar da beleza da nosa terra.

