X Certame de poesia en lingua Gallega Manuel Maria
O vindeiro Sábado 24 de Outubro, ás 17h, tendes dúas citas moi especiais que sucederán na nosa casa, no número 28 da Rúa Zabaleta no barrio de Gros, Donostia.
Dunha beira o xurado dará a coñecer @s premiad@s neste X Certame de de poesía en lingua Galega, Manuel María, no que se recibiron 41 poemarios.
De seguido, enfiando palabras e versos, teremos a sorte de escoitar ao mestre, investigador e activista da lingua Galega, Carlos Callón, que presentará os seus libros e terá a ben falar da Lingua que viaxa conosco.
A non perder, que cousas tan lindas non sempre ocorren diante do noso fuciño.
Sábado 24 de Outubro ás 17h, na Casa de Galicia en Gipuzkoa.
Os gañadores:
1.premio
Tamara Martínez Villar( Pontevedra)
A mira do tempo.
2.premio.
Sergio Martínez Calvo (Valga-Pontevedra)
Cartografía do que permanece.
3.premio
Jorge Carril Espido ( A Coruña)
Avóa


