XXX Aniversario da Irmandade
Co gallo do XXX aniversario da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, o socio Xosé Antonio Vilaboa foi nomeado “Presidente honorífico” da Irmandade pola súa traxectoria e dedicación. O acto desenrolouse o 24 de outubro no teatro Campos Eliseos de Bilbao e asistiron o lehendakari, o vicepresidente da Xunta de Galicia e o secretario Xeral de Emigración.