A noite ía chegando…
A noite ía chegando, amodo, como todas as noites, paseniño, como unha milagre, sen presa. O día ía morrendo, amodo, como todas as noites dende o comezo do mundo, sen presa, ninguen ten presa por morrer. Latexos reflexados nas autoestradas de aceiro, Santiago cos brazos abertos, enxoiada. Santiago de Compostela, Santiago de Pedra, Santiago Empedrado, Santiago dos Ecos, Santiago das Luces, Santiago das Sombras, tamén das Sombras, Santiago de Todos. A dor xamáis ten que ser allea. Forza Galiza, forza que a dor non é só túa. Forza Galiza, forza.