Celebración do Día das Letras Galegas na Casa de Galicia

O vindeiro 18 de maio, co gaio da celebración do dia das Letras Galegas, a Casa de Galicia convídavos a todos a asistir aos actos organizados:

Ás 17:00h, Don Xosé Estévez dará unha conferencia no local social titulada "A miña amizade con Manuel María". A continuación, farase lectura do fallo, por parte do xurado, do I Certame de Poesía en lingua galega "Manuel María", que acadou unha amplia participación. O xurado do certame esta composto por: Don Xosé Estévez (Doutor en Historia pola Universidade de Deusto), Don Paulo Lema (profesor lector de lingua e literatura galega da Universidade de Deusto) e Dona Rocío Dourado (profesora lectora de lingua e literatura galega da Universidade do País Vasco). Ao finalizar o acto servirase un pequeno aperitivo aos asistentes.
Te puede interesar:

Conecta con Galicia

O día 2 de febreiro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se…