X Certame de poesia en lingua Gallega Manuel Maria

O vindeiro Sábado 24 de Outubro, ás 17h, tendes dúas citas moi especiais que sucederán na nosa casa, no número 28 da Rúa Zabaleta no barrio de Gros, Donostia. Dunha beira o xurado dará a coñecer @s premiad@s neste X Certame de de poesía en lingua Galega, Manuel María, no que se recibiron 41 poemarios. De seguido, enfiando palabras e versos, teremos a sorte de escoitar ao mestre, investigador e activista da lingua Galega, Carlos Callón, que presentará os seus libros e terá a ben falar da Lingua que viaxa conosco. A non perder, que cousas tan lindas non sempre ocorren diante do noso fuciño. Sábado 24 de Outubro ás 17h, na Casa de Galicia en Gipuzkoa. Os gañadores: 1.premio Tamara Martínez Villar( Pontevedra) A mira do tempo. 2.premio. Sergio Martínez Calvo (Valga-Pontevedra) Cartografía do que permanece. 3.premio Jorge Carril Espido ( A Coruña) Avóa





