Celebración do Día das Letras Galegas na Casa de Galicia
O vindeiro 18 de maio, co gaio da celebración do dia das Letras Galegas, a Casa de Galicia convídavos a todos a asistir aos actos organizados:
Ás 17:00h, Don Xosé Estévez dará unha conferencia no local social titulada «A miña amizade con Manuel María».
A continuación, farase lectura do fallo, por parte do xurado, do I Certame de Poesía en lingua galega «Manuel María», que acadou unha amplia participación.
O xurado do certame esta composto por: Don Xosé Estévez (Doutor en Historia pola Universidade de Deusto), Don Paulo Lema (profesor lector de lingua e literatura galega da Universidade de Deusto) e Dona Rocío Dourado (profesora lectora de lingua e literatura galega da Universidade do País Vasco).
Ao finalizar o acto servirase un pequeno aperitivo aos asistentes.