II Certame de Poesía en Lingua Galega “Manuel María”
Miña doce amiga
ti serás barqueira,
que agroman as rosas
na outra ribeira.
Agromaron rosas
pra que sexas barqueira,
que non agromaron
porque é primaveira.
Pra que sexas barqueira
ao ir a collelas,
agroman as rosas
naquela roseira.
(Libro de cantigas, 1955)
Manuel María