III Certame de Poesía en Lingua Galega “Manuel María”
Cantigas de arrieiro
– Arrieiro do Ribeiro,
arrieiro ribeirán,
as sedes do Carballiño
¡cánto traballo che dan!
– Arrieiro de Moraña,
arrieiro morañés,
¡moito, arrieiro, demoras
cando cruzas con Brués!
– Arrieiro do Ribeiro dime,
¿qué levas na mao?
– ¡Levo unha bota de viño
para horar o San Cibrao!
– Arrieiro de Moraña,
¿qué te detén no camiño?
– ¡A lembranza dunha moza
que deixo no Carballiño!
(Cantigueiro de Orcellón, 1984)
Manuel María