Conecta con Galicia
O día 2 de febreiro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se convoca o programa “Conecta con Galicia” (Actividades de aire libre e Campos de traballo 2015). As características principais son as seguintes:
Prazo de presentación de solicitudes: un mes, remata o día 2 de marzo de 2015.
Finalidade: facilitar á mocidade da Galicia Exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos e con nacionalidade española, os maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.
Modalidades:
1. Actividades de aire libre: Convócanse 174 prazas, en dous grupos de idades (de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos), co seguinte programa:
a) “Cultura e camiño”, os participantes aloxaranse seis días, en residencias xuvenís, participando en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrendo a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
b) “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, en albergues xuvenís onde realizarán actividades de náutica de recreo e de coñecemento do medio mariño.
Nestas 174 prazas inclúense 10 prazas para residentes no resto de España, e 8 para residentes no resto de Europa.
2. Campos de Traballo: Convócanse 22 prazas para a actividade que terá lugar nunha localidade da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos de idade. Previsiblemente esta actividade terá lugar na segunda quincena do mes de agosto.
Nestas 22 prazas inclúense 2 prazas para residentes no resto de España (18-20 años).