Concerto de Xoán Alonso. Xiratorio e estábel
O pasado 2 de Maio, os socios e amigos da Casa de Galicia en Gipuzkoa, puideron disfrutar do concerto acústico da man e voz do poeta e cantautor galego, Xoán Alonso, que presentou parte das súas composicións, baixo o lema Xiratorio e Estábel.
Este primero concerto forma parte dunha xira que llevará a Xoán por distintas localidades de Euskadi, León e Galiza.
O certo é que as melodías, textos propios e posta en escea non deixou indiferentes aos presentes que ateigaron o salón de actos da Casa de Galicia. Poderiamos falar de textos comprometidos ca poesía, cos sentimientos máis fondos, ca denuncia das inxustizas, e, por enriba de todo, ca necesidade de reparación, de medrar e loitar contra os xestos rutinarios que moitas veces amporcan o noso ollar. Aínda así, tamén houbo sitio para o humor ena reflexión.
O concerto comezou cunha cantiga de berce adicada aos nenos e nenas de Gaza que deixou mudo o salón de actos e o mesmo autor, que, difícilmente puido arrastrar as palabras como pedras molladas, preguntándose, de seguido, “ cando perdemos a esperanza, dime, que demos nos queda?” Se cadra, a intensidade dos textos fixo que en máis dun intre, Xoán quixera fuxir, acelerando o ritmo das cancións.
Non sei se terán a oportunidade de coincidir nalgunha das datas por coñecer, pero de seguro quelles pagará a pena.


